![]()
VILAGARCIA> O próximo venres a militancia do PSOE de Vilagarcía terán que decantarse por unha das dúas candidaturas en liza pola secretaría xeral…
{flowplayer}images/salnes/mon_reiris.flv{/flowplayer}
… local deste partido. O primeiro en presentarse foi Miro Serén que conta co respaldo da ate o de agora Secretaría Local, Tania García. Nestas últimas horas vimos de coñecer a candidatura que lidera Mon Reiris, e que conta con Silverio Bouzas como Secretario de Organización. Xunto a eles conforman o equipo outros nomes significativos da familia socialista vilagarciá. Esta lista viría a incorporarse ca persoa que designen as Xuventudes Socialistas tal e como se recolle nos estatutos do partido.
Esta é a segunda vez que Reiris intenta pertencer ó organigrama do Partido. Asegura que a súa motivación é a de unificar ó partido mediante o diálogo para crear un PSOE forte no que tódolos militantes se sintan identificados e participen.
Resta importancia ó feito de que concorran dúas listas a estes comicios aínda que asegura que fixeron todo o posible para integrarse nunha lista de consenso; unha oferta que Miro Serén rexeitou a pesares de que se propuxera o seu nome como o cabeza de lista da suposta lista de unidade.
No tocante ás manifestacións da ate o de agora secretaria xeral, non lles importa que escollese a Miro Serén, sempre e cando o fixese como persoa. O que non lles gustaría tanto e que fose no nome da executiva onde se marcase a folla de ruta a seguir polos socialistas. Reiris fala de continuidade do proxecto anterior ós últimos anos para recuperar o apoio da poboación das urnas.
Redacción Salnés









