VILAGARCÍA> Nova xornada de protesta dos pensionistas en Vilagarcía. Convocados desta volta pola CIG, un grupo de xubilados volveu reclamar unha suba digna das súas pagas.
Os pensionistas volven á rúa, unha vez máis, para reivindicar pensións dignas. Aseguran estar moi molestos coa suba do 0,25% decretada este ano polo ejecutivo de Rajoy. Segundo apuntan, con ese pequeno incremento apenas dan asimilado os seus gastos.
A CIG, convocante da protesta desta mañá en Vilagarcía, apunta que a perda de poder adquisitivo dos xubilados unha evidencia. Dende a central nacionalista reivindican un sistema público de pensións universal, fronte ó fomento dos modelos privados.
Dende o sindicato lembran que as pensións son un dereito conquistado despois de moitas loitas e que sempre debería estar asegurado por parte do Estado. Na súa defensa, ademais de organizar concentración, a CIG lanzou unha campaña de recollida de sinaturas.
Os pensionistas que participaron na protesta desta mañá din sentirse indignados. Din quea suba do 0,25% non lles supón apenas nada e que, aínda por riba, implica un incremento do IRPF.
De momento, a loita dos pensionistas resiste: aseguran que seguirán na rúa ata que o goberno central escoite as súas demandas.