A Deputación e o concello de O Grove suman forzas para a Festa do Marisco

    O GROVE> O Concello do Grove e a Deputación de Pontevedra asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre as dúas institucións para a celebración da Festa do Marisco do municipio meco. Para esta edición número 54, que terá lugar do 5 ó 15 de outubro, a entidade que preside Carmela Silva cubrirá con 6.000 euros diversas das actividades do programa festivo. A política convirte o desexo das cidadáns en realidade. Foi a cita coa que comezou a súa comparecencia a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, durante a sinatura do convenio de colaboración co concello do Grove para impulsar económicamente a Festa do marisco do Grove. Dez días durará a edición 54 desta festa. UNha cita, que tal e como destacou esta mañá durante a sinatura do convenio co concello, a presidenta da Deputación de Pontevedra, é a festa do marisco de Pontevedra, de Galicia e de toda España. Unha Festa de Interese turístico Nacional, que segundo Silva, debería obter xa o nomeamento de Internacional. Este ano a Festa do Marisco celebraráse do 5 ó 15 de outubro, e as diversas actividades culturais que envolverán a cita gastronómica, contarán cunha aportación económica de 6.000 euros por parte da Deputación, Algo que esta mañá agradeceron desde o concello. Acompañados tamén polo Deputado provincial de Turismo, Santos Héctor, e a concelleira de Turismo do Grove. Emma Torres, o alcalde e a presidenta asinaron o convenio dunha festa, na que tal e como acontece cada ano, se incopora un novo produto á exaltación, e neste 2017 o elixido é o choco.