Poio afíncase na afirmación de que Colón era galego

    POIO> A teoría de que Cristobal Colón era de Poio cobra cada vez máis forza. De feito, hoxe publicase un libro que confirma esta orixe galega do descubridor. Un acto no que se brindou con primeiro viño que levou Colón para as américas, un branco do ribeiro.

    En Poio xa case ninguén dubida que Colón foi un dos seus paisanos máis ilustres; así o ratifica un libro póstumo de Modesto Bará que se ven de presentar hoxe, prologado por Bieito Rubido, o director do xornal ABC. No acto puido degustarse First One, o viño que a adega Viña Costeira elaborou para conmemorar que o primeiro viño que se levou ó Novo Mundo foi un branco do Ribeiro. Amais, o diario Faro de Vigo ven de entregar ó Concello de Poio un documento que acredita a venda de varias fincas na Puntada, Poio, por varios descendentes do Almirante Cristovo Colón. Esta documentación estase a recompilar na Casa Museo de Colón, en Poio.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/31/colon_poio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/31/finca_colon_libro.mp4{/flowplayer}