O Salnés pon en marcha o II Plan Integral de Emprego

    VILANOVA> A Mancomunidade do Salnés comeza o luns co proceso selectivo do seu segundo Plan Integral de Emprego, co que se intentará dar unha saída laboral a un cento de desempregados da contorna. Un cento de desempregados da comarca do Salnés de diversos perfís poderán contar ca axuda da Mancomunidade do Salnés na procura de traballo, grazas ó Plan Integral de Emprego que se pon en marcha en cuestión de días grazas ó financiamento da Consellería de Traballo, que achega un orzamento máximo de 120.000 euros. O proceso selectivo comeza o vindeiro luns; nel procuraranse perfís do máis variado para darlles un pequeno empurrón á hora de buscar emprego. Aqueles que veñen de perder recentemente o seu emprego por un ERE ou acontecemento semellante non fará falla que procedan directamente do INEM. Este Plan prolongarase ata Xuño e o obxectivo é que os participantes consigan un contrato de alomenos seis meses. Esta é a segunda edición deste Plan Integral de Emprego. Na edición anterior conseguiuse que o 38 % dos participantes conseguise traballo e mesmo que varios deles optasen polo autoemprego. Para iso foi mester crear adrede cursos de actualización en certas materias como os de formación para comerciais ou para conductores de carretillas elevadoras de carga lateral. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/31/vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/31/PLAN_EMPREGO_SALNES.mp4{/flowplayer}