RIBEIRA> O paseo das Carolinas será obxecto dunha nova actuación para mellorar a súa accesibilidade. Ampliaranse as beirarrúas eliminando as xardineiras elevadas e instalarase unha zona verde ó mesmo nivel que o pavimento.
O concello de Ribeira dará continuidade ás obras de remodelación do Paseo das Carolinas con actuacións encamiñadas a mellorar a súa accesibilidade. Un dos proxectos que vén de ser adxudicado contempla a ampliación da zona de tránsito peonil co desmontado das xardineiras elevadas. Ademais de aumentar o ancho das beirarrúas, instalarase unha zona verde ó mesmo nivel que o pavimento.
A outra das actuación ten por obxectivo facilitar o acceso ós inmobles e locais comerciais no entorno do cruce coa rúa estaleiro. Ademais da construción de novas ramplas e escaleiras, dotarase dun novo pavimento máis acorde co resto do paseo. As dúas obras ascenden a un investimento próximo ós 90 mil euros