![]()
VILAGARCÍA> Este é o principal problema, as protectoras de animais non dan abasto nestes momentos.
{flowplayer}images/salnes/ReporCanceira290612.flv{/flowplayer}
É unha tónica que se repite cada ano co comezo do verán, vacacións que comezan e nas que non ten cabida a mascota que nos leva acompañando todo o inverno. Para moitos a solución pasa por chamar á protectora e que se fagan cargo dela, ou o que é peor por abandonala.
E é que máis de douscentos cans e vinte e moitos gatos é un número demasiado elevado para que unha protectora coma esta se faga cargo. Cunhas instalacións en malas condicións, pouca xente e menos ingresos a tarefa vólvese case imposible.
A encargada e a veterinaria son as dúas únicas empregadas que traballan aquí, axudadas polos voluntarios pero que cada vez son menos.
En canto ás adopcións algunha hai, pero insuficientes. E é que as vacacións tampouco é o mellor momento para facerse cunha mascota.
En canto ás obras para a construción da nova protectora, aquí tampouco teñen novidades. Continúan agardando que se poña en marcha pero as esperanzas son cada vez menos. Mentres, o traballo sigue.
Continúa buscándose fogar para estes cativos e continúase tamén buscando as familias dos que semellan estar perdidos. Unha labor que se realiza sobre todo a través das redes sociais e que moitas veces da o seu resultado.
É o caso, por exemplo deste can que apareceu en Vilaxoán e que leva case dúas semanas na protectora agardando que alguén o reclame.
Redacción Salnés






