A flota de Pontevedra únese a folga indefinida

    A flota da provincia de Pontevedra uniuse a folga indefinida iniciada  xa a pasada semana pola provincia de A Coruña. A partir de hoxe as doce da noite iniciarase o  paro da actividade pesqueira  e por conseguinte pecharanse as lonxas. O sector mariñeiro manifestábanse esta mañá ante o ministerio de pesca en Madrid para exixir solucións ó incremento dos combustibles.

    Os transportistas galegos sumánse agora as confrarías. A provincia de A Coruña xa amarraba indefinidamente os seus barcos a pasada semana, hoxe unénse as de Pontevedra. Esta medida implica o peche das lonxas excepto aquelas nas que se subaste o marisqueo a pé. Mentras non se den solucións a suba dos combustibles continuarán co paro da actividade pesqueira.

     

    As medidas que demandan as diferentes confrarías a administración baséanse no aumento das axudas de “minimis” a 12 céntimos de euro por litro consumido. En segundo lugar solicítase que se subvencione durante seis meses a Seguridade Social nun cincuenta por cento ademáis de negociar un cupo de gasolína profesional o igual que o gasóleo. A xunta mediará entre o sector galego e o goberno para que haia un maior entendemento.

    Redacción Salnés