Catalina González baixará o seu soldo de acordo coa proposta do PP

    catalinagonzalez100_240707.jpgSANXENXO > A alcaldesa Catalina González, anunciou esta tarde que baixará o seu soldo de 4.008,24 euros mensuais…

    … A rexedora indica que o fai para acatar a proposta realizada polo presidente rexional do PP Alberto Núñez Feijóo, de reformar a lexislación local para fixar un límite nas retribucións de rexedores e edís.

    A alcaldesa de Sanxenxo apoia a iniciativa do PPdeG de fixar por lei os salarios de rexedores e concelleiros e para amosalo anunciou que tanto ela como os edís do seu equipo de goberno baixarán o soldo que se estableceu no pleno do pasado día 9. Catalina González invitou ós equipos de goberno doutras localidades que estean en coalición a tomar exemplo, xa que en casos como Vigo os cidadáns teñen que facer un gasto enorme para pagar a dous alcaldes.

    A rexedora de Sanxenxo pediu transparencia ós seus homólogos á hora de dar a coñecer as cantidades reais a percibir e lembra que ela así o fixo ó anunciar desde o primeiro momento ós veciños que ía cobrar 4.000 euros ó mes. Unha contía, que ademais inclúe asistencia a plenos, comisións, xuntas e outros organismos. Critica deste xeito a aqueles cargos que se marcan un soldo razoable de cara a opinión pública para logo incrementalo considerablemente con estes suplementos.

    Redacción Salnés