Folga en Hipescar polo despedimento de sete traballadores

    folgadespidoshipescar100.jpgBOIRO> Traballadores de Hipescar manifestáronse ás portas do establecemento de Boiro para denunciar o despido de varios compañeiros.

    {flowplayer}barbanza/folgadespidoshipescar.flv{/flowplayer}

    Representantes da CIG e traballadores de Hipescar manifestáronse en Boiro para denunciar o despido de varios compañeiros. O grupo conformado por tres empresas, Campiñas de Laíño, Refojo y González e Hipescar, atravesa unha situación convulsa, inmerso nun proceso concursal, e con pagos pendentes ós traballadores que nalgúns casos levan máis de tres meses sen cobrar.

    Precisamente por esta razón, para coñecer a situación real da compañía, decidiron organizarse e elixir ós seus representantes. Segundo denuncian, a resposta da empresa foi a persecución e finamente o despido de sete persoas entre as que se atopan precisamente, os representantes dos traballadores.

    Folga indefinida

    O próximo luns día dous iniciarase unha folga indefinida que, segundo os representantes da CIG, secundará máis da metade do cadro de persoal. O obxectivo é acadar a readmisión dos traballadores despedidos e retomar a negociación coa empresa para resolver o proceso concursal.

    Na única reunión formal mantida ata o momento, os representantes da empresa xustificaron os despedimentos pola necesidade de reducir persoal. Sen embargo, os traballadores denuncian presións e ameazas.

    Redacción Barbanza