LOUSAME> Esteban Ares vén de ser elixido coma novo presidente do Partido Popular de Lousame. Ares obtivo o respaldo do 100% dos votos emitidos durante o congreso local da formación celebrado a última hora da tarde de onte nos locais do resturante O Trapeiro.
Diante da militancia e tamén de moitos simpatizantes da formación que quixeron estar presentes no acto arroupando ó candidato, Esteban Ares foi proclamado coma novo presidente do Partido Popular de Lousame. Fíxoo co respaldo do 100% dos votos emitidos.
No acto contou tamén co arroupo de pesos pesados do partido a nivel autonómico e provincial como ó caso da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e do presidente provincial, Diego Calvo, entre outros. No seu discurso quixo para agradecer a todas as persoas que apoiaron a súa candidatura, cunha mención especial para a actual alcaldesa, Teresa Villaverde, a persoa que apostou por el para a súa entrada en política.
En canto ás responsabilidades que se marca á fronte da formación a nivel local figura o de manter os bos resultados acadados para o Partido Popular nos distintos comicios celebrados nas últimas dúas décadas e ensanchar o partido, abrindo as portas a todas aquelas persoas do municipio que queiran aportar algo.











