![]()
PONTEVEDRA> O xuízo comezou en 2008 e hoxe volveu a ser suspendido pola aportación de novas probas por parte da defensa.
{flowplayer}images/salnes/XuizoNarcotrafico_030712.flv{/flowplayer}
Catro arousáns da mesma familia sentáronse hoxe no banquiño dos acusados da Audiencia de Pontevedra por un supusto delito de branqueo de capitais. Todos eles relacionados con Manuel Barroso Millán, condenado por esta causa en 2004 a oito anos de prisión e finado no transcurso do cumprimento da pena. Agora a súa muller, Laura Poza, e os seus fillos Carlos, Mónica e Juan Manuel, enfróntanse cada un deles a penas de entre 4 e 5 anos de prisión e multas de entre 200.000 euros e medio millón, por ter adquirido bens con cartos procedentes do narcotráfico e por figurar como titulares de diferentes vehículos e inmobles na zona do Salnés.
A defensa conseguíu a suspensión do xuízo ó aportar documentos e novas testemuñas que proban que os cartos adquiridos polos Barroso, foron grazas ó seu traballo, relacionado coa explotación de vivieiros de ostras e coa elaboración de viños. Esta aportación de novas probas non gustou ó fiscal.
Agora o tribunal suspedeu o xuizo durante dez días para que as partes pidan analizar as novas probas presentadas pola defensa e tamén para decidir se as admite ou non.
Redacción Salnés










