VILAGARCIA> O copago farmacéutico é xa unha realidade. Este primeiro de xullo entrou en vigor este criterio redistributivo no pago dos medicamentos…
{flowplayer}images/salnes/copago_farmacias.flv{/flowplayer}
… que en verbas do Partido Popular de Galicia vai a supoñer que 164.000 familias de escasos recursos non teñan que pagar nada polas mediciñas. Nas farmacias da Arousa a normalidade foi a tónica dominante. Segundo esta nova norma, o 84 % dos xubilados existentes en Galicia non pagarán máis dos 8 euros ó mes dado que as súas pensións non superan os 18.000 euros; outros 50.000 non pagarán nada por ter pensión non contributivas.
Os afectados polos tratamentos de longa duración que ate o de agora pagaban 2,64 euros pasarán a abonar 4,13 euros. Na meirande parte dos casos os clientes non sabían que porcentaxe ían a ter que pagar segundo a súa renda. Foron os propios farmacéuticos os que llelo pormenorizaban.
En xeral, a xente na rúa amosábase susceptible con tocar o prezo deste tipo de bens tan relacionados ca sanidade, principalmente os xubilados, que ate o de agora non pagaban nada en ningún dos casos. O argumento de que estes novos ingresos ían a repercutir na construcción de novos centros sanitarios e mesmo na ampliación do Hospital do Salnés non convencían ós enquisados.
Con todo, son conscientes de que a nosa sanidade é unha privilexiada respecto á como esta en países veciños. Ca aplicación desta medida a nivel nacional aprovéitase para atallar un fraude de 200.000 traballadores que figuraban como pensionistas sen selo. Agora ó expedir a nosa tarxeta xa nos cobran automaticamente en función da renda e da idade, non así en orde a outras factores como se pertencemos ou non a unha familia numerosa por “motivos técnicos” como se argumentou desde o Ministerio de Sanidade.
Redacción Salnés