Os afectados polas preferentes volven á carga

    CAMBADOS> Os afectados polas participacións preferentes seguen repartindo as súas mobilizacións polas Rías Baixas.

    {flowplayer}images/salnes/concentracion_afectados_preferentes.flv{/flowplayer}

    Desta volta o acto reivindicativo tivo lugar en Cambados, ás portas da sucursal que Caixanova ten na vila. De novo entre berros e asubíos meteron moito balbordo para facer oír as súas reivindicacións; que lles devolvan os cartos que no seu día investiron nestes productos por térennos captado de forma enganosa.

    De novo, volvemos a oír numerosos casos de presuntas estafas e enganos bancarios. Os clientes aseguran que non contaban ca información suficiente, e mesmo en moitas ocasións lles aseguraban que mercaban un producto seguro e ser risco, que podía ser anulado sen penalización en 24 horas, recuperando os cartos de xeito doado.

    Séntense pequenos por iso piden axuda ás administracións autonómica e estatal para que interceda por eles.

    Ó coincidir ca celebración da feira dos mércores, este acto reivindicativo levantou moita expectación entre a cidadanía, e recibiron moitas mostras de apoio dos viandantes.

    Redacción Salnés