![]()
POIO> Dos dezaseis areais existentes no concello de Poio, son dous os que contan con este distintivo: a praia de Cabeceira e a praia de Xiorto, en Raxó.
{flowplayer}images/salnes/IZADO_BANDEIRA_AZUL_POIO.flv{/flowplayer}
Calidade da auga excelente, servizo de socorrismo, estacionamento e aseos para persoas con discapacidade e outros equipamentos. Estes son os requirimentos máis importantes que ten que cumprir un areal para que lle concedan unha bandeira azul. É o caso da praia de Cabeceira, en Lourido, Poio, onde xa contan con este distintivo. Este súmase ó concedido á praia de Xiorto en Raxó. Un atractivo máis que, segundo o alcalde, Luciano Sobral, cada ano atrae a máis visitantes.
Pero o contar con este distintivo supón, por parte do concello, unha gran inversión para que os areais do municipio estean a punto para a tempada estival. Inversión que se inverte nas dezaseis praias do concello, malia non contar todas elas con bandeira azul.
Agora, desde o concello confesaron que xa están traballando para incrementar o número de distintiva o próximo ano. Un deles agardan conseguilo para a praia do Laño.
O vindeiro xoves está previsto que o Presidente de Portos de Galicia asista ó izado da bandeira azul concedida ó Porto Deportivo de Combarro.
Redacción Salnés








