Centos de persoas gozaron en Valga da recepción dos reis magos e do seu belén artesanal

O concello de Valga gozou este xoves dunha xornada festiva no que os máis pequenos, e tamén os máis maiores, recibiron aos reis magos de oriente. O acto tivo lugar diante do edificio do Belén artesanal de Valga. Unha recreación do nacemento de Xesús que está preto de pechar as súas portas neste nadal.

O Belén de Valga volveu ser un dos maiores reclamos na vila e tamén en toda a contorna durante estas datas festivas. Como todos os anos, miles de persoas de diferentes puntos de Galicia e incluso de outras comunidades autónomas se achegaron a gozar deste Belén creado a man por 33 veciños de Valga.

Os visitantes que entran por primeira vez quedan completamente abraiados ao ver que o Belén mestura pezas antigas e tradicionais con temas actuais. E os que repiten ano tras ano o fan coa ilusión de ver as novidades coa que os creados os sorprenden cada ano.

Este ano, entre as novidades, os visitantes escollen dous temas por riba de todo, a Guerra de Ucraína, pola súa dureza, e o enterro de Isabel II, unha gran construción do Big Ben e da Abadía de Londres mentres os soldados ingleses portan o féretro da raíña.

Tampouco falta o espazo dedicado para os propios veciños de Valga. De feito, algún dos visitantes de apenas 10 anos de idade, falaba con ilusión de como viña a ver a figura da súa bisavoa.