Sorpresa no Pleno da Mancomunidade do Salnés

O Salnés> A ausencia dos dous representantes do PP de Meaño no pleno da Mancomunidade, obriga o seu presidente, o popular David Castro a retirar da orde do día os puntos máis controvertidos.

Foto arquivo Canal Rías Baixas

Onte no Pleno da Mancomunidade, debíanse votar puntos como a aprobación do orzamento para o 2024, a aprobación dunha retribución bruta de 35.000 € para José Manuel Aspérez (Meaño Independente), por unha dedicación parcial como delegado da área de turismo, feito que non ten precedentes na historia do organismo.

Pola súa banda, o Alcalde José Cacabelos, en representación dos cinco concellos gobernados polos socialistas, O Grove, Vilagarcía, Cambados, A Illa de Arousa e Meis, lembrou que a Mancomunidade e un ente de adscripción voluntaria por parte dos concellos e tendeu a man ó PP para voltar o espírito de consenso que caracterizou a esa Mancomunidade o longo de tódolos mandatos anteriores, adiantando de que se non se retiraban eses puntos da orde do día, votarían en contra.

En resposta a Cacabelos, David Castro recolleu o guante sobre o consenso nas decisións do ente, pero manifestou o seu desacordo coas verbas do Alcalde do Grove sobre a falta de información e trasparencia, recordándolle a éste, que xa se celebrara un pleno e varias Xuntas as que os socialistas non acudiron.

¿Sorpresa ou estratexia?. No fondo do sucedido onte, a ausencia dos representantes do PP de Meaño dun pleno tan importante, estaría a negativa destes a apoiar cos seus votos un salario para o edil de Meaño Independente.

Foto arquivo Canal Rías Baixas

Meaño no foco.  En 2019 a asignación de representantes do Concello de Meaño na Mancomunidade, fixo quedar en minoría os Populares, perdendo a presidencia do ente comarcal en favor da socialista Marta Giráldez.   Isto desencadeou a expulsión de Carlos Viéitez do PP,  quen se presentaría as pasadas eleccións municipais por Veciños de Meaño, acadando unha holgada maioría absoluta co 57% dos votos. 

En agosto do ano pasado, tras as eleccións municipais de 2023, a socialista Marta Giráldez conservaba a presidencia da Mancomunidade, de novo, grazas o voto de Aspérez quen aspiraba á vicepresidencia da mesma, pero perdeu a votación o non obter os votos dos representantes do BNG.  En xaneiro deste ano, o voto de Aspérez nunha moción de censura, devolvía a presidencia da Mancomunidade os populares.

En febreiro deste ano, o Alcalde de Meaño Carlos Viéitez e o seu equipo volvían o PP.