A conselleira de educación pon en valor a escolar rural no 20º aniversario do CRA de Valga

VALGA> O CRA de Valga cumpre 20 anos. Para celebralo a escola organizou diferentes actividades cos máis pequenos ás cales asistiron a conselleira de educación e representantes do concello e dos diferentes centros educativos da vila. Na visita Carmen Pomar puxo en valor a importancia dos colexios rurais galegos.

O CRA de Valga cumpre dúas décadas formando aos máis pequenos do concello. O colexio conta na actualidade con 60 alumnos repartidos nas 6 escolas do concello. Para celebrar o 20 aniversario o CRA organizou diferentes actividades para os escolares no centro de Campaña. Na visita á conselleira puxo en valor a educación no rural galego.

Dende o CRA destacaron o proxecto educativo que se realiza no centro e nos diferentes colexios rurais da comunidade.

Pola súa banda, o alcalde de Valga resaltou a imporante proposta educativa que oferta a vila.

Ambas administracións mostraron a súa disposición para seguir colaborando coa escola rural da vila. Destacando as posibilidades didácticas e as metodoloxías de aprendizaxe que se levan a cabo nestes centros.