A ordenanza das terrazas entrará en vigor o día 1 de outubro

    terraza_copia100.jpgVILAGARCÍA> A pesares de que varios hostaleiros decidiron solicitar un aprazamento, a ordenanza seguirá adiante.

    {flowplayer}images/salnes/TERRAZAS_VILAGARCIA1.flv{/flowplayer}

    A crise económica foi o principal motivo sinalado polos hostaleiros para intentar paralizar a medida, que pode supoñer unha inversión de ó redor de 12 mil euros. Rosa Abuín asegurou non ter recibido ningunha petición de xuntanza dos hostaleiros reunidos onte, que a concelleira identificou como propietarios de establecementos da rúa da Baldosa en contra de retirar os toldos das terrazas pechadas.

    A subvención prometida polo concello para estas reformas está paralizada dende o anterior pleno de Vilagarcía, polos votos en contra da oposición a pesares de existir un acordo plenario previo. A concelleira de Promoción Económica asegurou que seguirán traballando para conseguila.

    Nesta decisión, Abuín conta co apoio da asociación de hostaleiros de Vilagarcía, Ahituvi. O seu presidente, Roberto Gerpe, mantén que é unha medida que beneficiará a toda a cidade.

    Rosa Abuín advertiu que haberá sancións para os hostaleiros que a partires do día 1 non adapten as súas terrazas á normativa, que contempla multas de entre 300 e 1000 euros ata a retirada da licenza da terraza.

    Redacción Salnés