A Cruz Vermella de O Salnés abre as súas portas para dar coñecer a súa labor

    VILAGARCIA> Milleiros de persoas atópanse en risco de exclusión social en España. Este domingo celebrase o día das Persoas sen Fogar, por iso dende a Cruz Vermella de O Salnés, este venres se celebrou a xornada de portas abertas no albergue de Vilagarcía, para comprobar in situ o encomiable labor que se fai dende estas organizacións, en prol das persoas sen fogar. 

     

    Ao longo do 2016 unhas 263 persoas sen fogar durmiron no albergue de transeúntes de Cruz Vermella en O Salnés. Ao visitar as súas instalacións as cámaras de Canal Rías Baixas charlaron con un dos seus usuarios quen destacou a importancia da labor de esta organización. 

    Este home duns 50 anos explicounos como é un día no albergue. 

    Unha labor que non podería levarse a cabo sen a axudas dos voluntarios da Cruz Vermella. KJHJYH unha de elas, amosounos este venres as instalacións do albergue de O Salnés. 

    Ademais de comida, aloxamento e hixiene, este albergue ofrece a posibilidade de consultar un punto de información laboral, a través do cal se lles orienta na busca activa de emprego. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/25/portas_abertas_albergue_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/25/portas_abertas_albergue.mp4{/flowplayer}