A Festa do Albariño xa ten nova imaxe

    cartelcopy.jpgCAMBADOS> Esta mañá presentouse, no Museo do Viño, o cartel da LX edición que se celebrará do 31 de xullo ó 5 de agosto.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_CARTEL_ALBARINO.flv{/flowplayer}

    A imaxe central protagonizada por un cata viños, trazado cunha mancha, que simboliza a cor de Cambados, e todo elo rodeado cunha folla dunha parra e o balcón do Palacio de Fefiñáns.

    Así nos explicaban o novo deseño escollido polo concello de Cambados para ilustralo cartel da sesenta edición da Festa do Albariño que se vai celebrar do 31 de xullo ó cinco de agosto. Un deseño feito e cedido gratuitamente polo estudo de deseño Marta Lojo, situado no municipio, especializado no deseño de etiquetas de viño. Segundo outra das deseñadoras, trátase dun traballo que ensalza as últimas tendencias en canto a estilo minimalista e contemporáneo.

    Marta Lojo confesou, ademais, que para ela e o seu estudo foi un orgullo poder facer este cartel. Por iso, tamén tivo palabras de agradecemento para o alcalde, Luis Aragunde, por darlles a oportunidade de facelo.

    A presentación do cartel fíxolle coincidindo coa clausura do curso Viño e Publicidade que se celebrou do catro ó seis de xullo no Museo do Viño. Un escenario inmellorable para a presentación da nova imaxe da Festa do Albariño á que, segundo informou o rexedor local, lle queren dar este ano unha relevancia especial.

     Redacción Salnés