Liberdade provisional e sen fianza para o home que se atrincheirou durante 36 horas na súa casa de Vilagarcía

VILAGARCÍA> Liberdade provisional e sen fianza para o veciño de Cea, en Vilagarcía, que permaneceu 36 horas atrincheirado cunha escopeta dentro da casa. O home está acusado dun delito de violencia no ámbito familiar por aemazas e asgresións ó seu pai durante unha pelexa. O varón entregábase  a primeira hora deste mañá á Policía, logo dunha insólita situación que se prolongou dende a tarde do domingo.

O veciño de Cea, en Vilagarcía, que permaneceu atrincheirado nunha vivenda desa parroquia dende a tarde do pasado domingo, quedou en liberdade provisional e sen fianza.

O varón, de 44 anos, está sendo investigado por delitos de ameazas, resistencia á autoridade

E malos tratos no ámbito familiar, por unha suposta agresión ó seu fillo menor de idade, denunciada pola súa exparella.

Hoxe púxose fin a unha situación insólita, despois de 36 horas atrincheirado na súa vivenda cunha escopeta, tras unha pelexa familiar.
Esta mañá entregábase á Policía Nacional.  Ás 9  media, tal e como acordara co seu avogado  e as forzas da orde onte á noite, saiu da vivenda, montouse no coche do letrado e, escoltado por dúas patrullas, dirixiuse á Comisaría da Policía en Vilagarcía.

Logo de prestar declaración perante o xuíz ó longo desta xornada a través de videoconferencia, o maxistrado tamén lle impuxo a suspensión do réxime de visitas respecto ó seu fillo, así como a prohibición de aproximarse a menos de 50 metros do seu fillo e dos seus pais e de comunicarse con carquera deles.

O home, que ten antecedentes, atrincheirouse o domingo despois de recibir unha notificación policial tras ser denuncia pola súa exparella por un altercado co seu fillo, que fuxiu da vivenda do seu pai á dos seus avós, situada no andar inferior da casa.

Durante a xornada de onte, achegáronse ata o domicilio efectivos dos Grupos Operativos Especiais de Seguridade da Policía Nacional, así como patrullas e un negociador.