Un 10% de perdas en Rías Baixas tralo ataque de mildeu desta semana

    mildeucopy.jpgSALNÉS> Estes son os cálculos que fan algúns técnicos trala proliferación deste fungo por mor das choivas intermitentes dos últimos días.

    {flowplayer}images/salnes/SITUACION_VINEDOS_SALNES.flv{/flowplayer}

    As condicións climatolóxicas rexistradas esta semana no Salnés, con precipitacións inestables ó longo do día fixo que se deran as condicións óptimas para a proliferación do mildeu. E así foi. Na meirande parte das parcelas, pódense aprecialos acios, que xa se atopan en tamaño chícharo, infectados por este fungo. Danos que segundo este técnico van propiciar unha mingua na produción global do redor dun dez por cento.

    Ata o de agora a súa incidencia non fóra de tanta consideración. Si se detectou nesta campaña e si se deran as condicións para a súa proliferación pero a súa presenza foi pouco significativa. É agora cando aparece con maior virulencia.

    Por iso, é o momento de pasar a aplicar fitosanitarios de acción penetrantes e de contacto xa que a sistemia na planta cada vez é menor. Tamén será preciso acurtalos prazos.

    Ante estes problemas e os rexistrados tanto na brotación como na floración, que o que provocaron foi unha mingua na produción en cada caso, segundo este técnico este ano está a vir moi desfavorable para o cultivo da vide en Rías Baixas. Polos viñedos que leva observados, o rendemento medio por hectárea vai ser duns seis mil quilos. Isto provocará unha mingua na produción global dun 60% con respecto ó 2011.

    Á espera de velos resultados desta campaña é preciso seguir moi pendentes da evolución dos nosos viñedos. Unha das prácticas que se poden facer nestes momentos é o desfollado e o desnete. Deste xeito, favoreceremos a ventilación das cepas e que os tratamentos sexan máis eficaces contra a infección de pragas ou enfermidades.

    Redacción Salnés