Valga celebrará varias xornadas gastronómicas pola Festa da Anguía e Mostra da caña do País

VALGA> Valga mantén a Festa da Caña e da Anguía pero adaptada a nova situación sanitaria. O concello realizará dende finais de xullo e durante todo agosto diferentes iniciativas para fomentar os seus produtos estrela. Concurso de fotografía, talleres e showcookins son algunhas das actividades que se realizarán para públicos de todas as idades.

A XXXI festas da Anguía e Mostra da caña do País de Valga celebrarase adaptándose a nova situación sanitaria. Para evitar aglomeracións, non haberá actuacións nin verbena pero o concello organizará diferentes xornadas para potenciar os seus produtos estrela.

Os concursos fotográficos comezarán en xullo, con dous certames que premiarán ás mellores imaxes das paisaxes de Valga e á mellor receita de caña ou anguía. Continuarase con talleres para os máis pequenos, concursos para os mozos e diversos showcookins para todas as idades.

Ademais tamén haberá un showcooking cata maridaxe e outro máis que caña, coa que dar coñecer as opcións coas que combinar a caña. Con estas xornadas búscase que os participantes coñezan como se elaboran e todas as posibilidades tanto da caña como da anguía

Todas as xornadas requires de inscrición e previa e cunha capacidade máxima de 25 persoas. A información pode atoparse nas redes sociais do concello e nos códigos QR dos trípticos e carteis da festa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí