Durán: “No Salnés é posible outro tipo de turismo”

    VILANOVA> O alcalde de Vilanova fixo fincapé nos traballos que se están a levar a cabo para habilitar rutas de sendeirismo no municipio

    {flowplayer}images/salnes/GonzaloDuranInfraestructura_060712.flv{/flowplayer} 

    Gonzalo Durán resaltou a importancia que ten para o concello a posta en valor das rutas de sendeirismo, non so como un servicio para os veciños senón para atraer un tipo de turismo distinto. Neste momento estase a efectuar traballos na subida a Lobeira, na zona de San Pedro, na variante do Camiño Portugués dende a Armenteira a Vilanova ou na zona ds Sinas. 

    Todo para convidar a xente a camiñar e a coñecer dun xeito diferente Vilanova e o Salnés. Durán considera que hai outro turismo, ademais do estival, que tamén se debe potenciar na comarca.

    Redacción Salnés