A Illa de Arousa réndese ao sabor dos produtos do mar

A ILLA>  Nesta fin de semana, temos por diante moitas citas gastronómicas. Nós quedamos coa de exaltación de produtos do mar, na Illa de Arousa. Mexillóns, navallas, nécoras, ameixas ou sardiñas son só algúns dos manxares que poderemos degustar no Porto do Xufre. Todo con moi bo ambiente e, aínda por riba, a prezos ben xeitosos.

Non hai quen se resista ó saber dos produtos do mar. Na Illa de Arousa sábeno ben e por iso, durante esta fin de semana, a localidade será un ir e vir de xente na procura do prato máis saboroso.

Detras desta festa está o Céltiga. O evento permítelle recadar fondos para afronta-los gastos do equipo na vindeira tempada.

Para que todo saia redondo, durante cada xornada aquí traballan medio cento de persoas. Para o alcalde insular, a cita converteuse xa nunha das imprescindibles do calendario estival.

Os comensais, entre tanto, encantados coa variedade e a calidade do produto. Dende logo sobran as escusas para non ter que cociñar na casa esta fin de semana.