Os traballadores do Hotel Galatea irán á folga

    PONTEVEDRA> Os traballadores do Hotel Galatea de Sanxenxo veñen de rexistrar un preaviso de folga para a vindeira semana. A súa intención é amosar o seu malestar ca forma de xestionar a actual crise sociolaboral por parte da dirección da empresa. Ante as presións e irregularidades que aseguran constatar, os sindicatos xa reclamaron a mediación da inspección de traballo.

    Os traballadores do Hotel Galatea poderían ir á folga á vindeira semana. Veñen de rexistrar un preaviso de folga para os días 21, 22 e 23 de outubro, coincidindo co remate do período de consultas. Deste xeito queren presionar á dirección da empresa nunhas negociacións nas que entenden que están a xogar sucio. Desde os sindicatos Comisións Obreiras e CIG denuncian que se está a amedrentar ós vintecatro traballadores que aínda non cederon a modificar voluntariamente ó seu contrato. Aseguran que se lles piden cousas como a de rexeitar cobrar a indemnización que lles corresponde ou se lles convoca a reunións privadas alleas á representación dos traballadores. É por isto polo que veñen de solicitar a mediación da inspección de traballo. Esta situación fai que cada día sexa máis duro ir a traballar a este establecemento hostaleiro. Os sindicatos seguen propondo un ERE suspensivo como mal menor, posto que o de pechar os meses de inverno por razóns económicas non lles acaba de convencer. Pensan que hai intereses ocultos detrás destas accións por parte da dirección do hotel.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/17/galatea1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/17/ere_galatea.mp4{/flowplayer}