Tres vehículos implicados nun aparatoso accidente preto de Porto Meloxo

    O GROVE > Este mesmo xoves ó mediodía tiña lugar un aparatoso accidente no Grove. Tres vehículos víronse implicados nunha colisión na que se atopaba unha fotógrafa compañeira do Diario de Arousa. Foi na subida a Porto Meloxo no Grove. Por fortuna non houbo que lamentar danos persoais a pesar do estado no que quedaron os coches.

    accidenteogrove2_200_080606.jpgEran as 11 e media da mañá cando se producía o accidente no que se viron implicados tres vehículos. Produciuse na subida a Porto Meloxo no linde entre as parroquias de San Martiño e San Vicente do Grove. Parece ser que a conductora dun Renault Clio vermello invadiu o carril contrario cando o conductor que viña de fronte pretendía virar cara a súa esquerda.

    accidenteogrove_200_080606.jpgNa maniobra viuse implicada tamén a conductora do Citroen Saxo azul que viña detrás, a fotógrafa e compañeira do Diario de Arousa, Mónica Ferreirós. A conductora que saíu peor parada foi a que conducía o Clio vermello que tivo que ser levada ó PAC do Grove en Ambulancia tras sufrir un ataque de ansiedade. Afortunadamente xa se atopa na súa casa e os outros dous implicados resultaron ilesos.

    Redacción Salnés