Cores Tourís visita as obras do contorno do encoro da Baxe

    CALDAS> O proxecto está financiado pola Xunta e pola Comunidade de Montes de San Andrés de César. Convertirá a zona nun lugar de lecer.

    {flowplayer}images/salnes/TourisProxectoBaxe_100712.flv{/flowplayer} 

    O Delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mailo concelleiro do PP en Caldas, Jesús Goldar, visitaron esta mañá as obras de acondicionamento que se están a executar no contorno do encoro da Baxe, en Paradivas. Os traballos que agora comezan convertirán á zona nun lugar de práctica deportiva e lecer.

    Serán instaladas dúas pistas de tenis, unha de futbol sala e outra de baloncesto, de medidas reglamentarias e cun peche perimetral de catro metros de altura. Así mesmo estase a traballar na construcción dunha senda biosaudable, dirixida ás persoas maiores, e un parque infantil, con acceso para minusválidos. No proxecto tamén se contempla o acondicionamento do local social, da zona axardinada, que disporá de rego automático, e dun aparcamento.

    Este proxecto, promivido pola Comunidade de Montes de San Andrés de César, conta cun orzamento de 260.000 euros, dos cales un 60% corren cargo da Xunta de Galicia, financiados a través do plan Agader, mentres que os 90.000 euros restantes os aporta a Comunidade de Montes.

    Redacción Salnés