Pérez Gulín asegura que o seu primeiro ano como alcalde serviu para ‘sentar as bases’ do futuro de Caldas

CALDAS> O impulso ao novo centro de saúde e o desenvolvemento dos polígonos industriais, dous dos grandes fitos deste 2025 no concello de Caldas. Así o destaca, cando menos, o alcalde, que salienta tamén a apertura do novo Fogar do Maior ou o reforzo do mantemento e a limpeza en todo o municipio. A piques de facer un ano na alcaldía, Jacobo Pérez avanza para 2026 a adquisición de novos terreos na contorna da Tafona, para acoller distintas actividades ou a construción dunha ponte peonil sobre o Umia.

Aínda non hai un ano dende que Jacobo Pérez asumiu o bastón de mando de Caldas, pero hoxe o socialista quixo facer o seu primeiro balance. Di que neste 2025 sentáronse as bases para seguir construíndo a vila do futuro, sen esquivar momentos complicados como a perda da aula de educación infantil no colexio San Clemente como o polémico estudo da variante de Caldas.

Destacou tamén fitos importantes, como as xestións municipais para impulsar o novo centro de saúde.

Tamén o desenvolvemento dos polígonos do Pousadoiro e de Paradela-Carracedo. Sobre este último, o Concello xa dispón do borrador do convenio con Zona Franca que fará posible o seu desenvolvemento a partir de 2026.

En materia social, Pérez destaca o novo Fogar do Maior.

Puxo en valor tamén o impulso a servizos básicos en todo o concello, cunha rede de saneamento máis ampla ou a construción da EDAR do Fieitoso. Tamén un reforzo do mantemento e a limpeza do rural e o centro urbano.

E tamén xa coa vista posta no 2026, comprométese a facerse con novos terreos na contorna da Tafona.

E tamén unha ponte peonil sobre o Umia, entre o paseo de Tafona e o Camiño Real.

Ademais, xa á volta do Nadal, anuncia reunións coa veciñanza en todas as parroquias.