Avanzan os traballos para dotar dun novo paseo á praia de Areas

    paseo_silgarcopy.jpgSANXENXO> Esta mañá a alcaldesa inspeccionou os traballos xunto ó Subdelegado do Goberno en Pontevedra e a Xefa do Servizo Provincial de Costas.

    {flowplayer}images/salnes/NOVO_PASEO_PRAIA_AREAS.flv{/flowplayer}

    Unha obra necesaria pola que levaban tempo traballando. Así definiu a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, a nova senda peonil que desde Costas están construíndo desde a praia dos Mortos, en Areas, bordeando a costa, nunha lonxitude de douscentos metros.

    Trátase dunha obra na que se van inverter uns vinte e oito mil euros e que segundo a alcaldesa era moi demandada polos veciños. Os traballos van consistir na colocación de madeira e xabre no solo e dunha varanda.

    Amais, durante a visita do Subdelegado do Goberno en Pontevedra e a xefa do Servizo Provincial de Costas ó lugar, a alcaldesa confesou que esta actuación forma parte do proxecto global que desde o concello pretenden levar a cabo para recuperar diferentes zonas que unen os areais do municipio.

    Segundo informaron desde o concello, a obra estará lista nuns dez días.

    Redacción Salnés