![]()
VILAGARCÍA> O Centro Sociocultural de Rubiáns estase a converter no obxectivo dos ladróns. Entraron dúas veces nas últimas semanas. Substraeron case 6.000 euros.
{flowplayer}images/salnes/OleadaRoubos_110712.flv{/flowplayer}
Xurxo Abuín, Presidente da Asociación de Veciños O Souto, denunciou hoxe os roubos que se están a producir no Centro Sociocultural de Rubiáns nas últimas semanas. Hai dous meses foron substraídos obxectos por valor de 4.200 euros, entre cartos en metálico e diverso material informático e audiovisual. Na noite do luns repetíuse a historia, aínda que o botín foi menor, en torno ós 1.500 euros. O modus operandi é sempre o mesmo. Os ladróns acceden pola porta traseira do centro e lévanse o primeiro que atopan. Xurxo Abuín ten claro quen son os culpables destes roubos.
Abuín denunciou a pasividade do concello e das forzas de seguridade para curtar esta vaga de roubos, que tamén afectan ós veciños da zona. Agardando a actuación dos corpos de seguridade, os veciños de Rubiáns recoñecen ter medo. Din estar seguros de que os ladróns volverán e que se non atopan o buscan, farano con violencia.
A asociación comezará a mobilizarse nos vindeiros días en busca de apoios, o que descartan é crear patrullas nocturnas para vixiar a zona.
Redacción Salnés








