Os estudos dos Parquistas de Carril e Cobres San Rafael cualifican a auga da ría como moi boa

VILAGARCIA> Os estudos da calidade da auga do río Ulla realizados polos Parquistas de Carril e Cobres San Rafael arroan uns resultados moi bos. As investigacións realizáronse en dúas fases: unha no Río Ulla entre Padrón e Catoira e a outra na contorna da illa de Cortegada. Os resultados, polo de agora, non esclarecen as causas da mortalidade do marisco na ría de Arousa.

Os Parquistas de Carril e Cobres San Rafael compartiron o seu estudo sobre a calidade da auga do Río Ulla e da Ría de Arousa. As investigacións realizáronse en dúas fases: unha primeira ao longo do río Ulla con 14 puntos de medicións e unha segunda na contorna da Illa de Cortegada, os resultados son favorables.

Estes estudos buscan esclarecer as causas da mortalidade do marisco na ría. As primeiras investigacións non arroxan resultados aclaratorios. Pero dende a confraría de Carril apostan por seguir realizándoas ata dar coa causa.

Aínda que os estudos non arroxan resultados concluíntes. Os científicos comezan a atender a outros datos que poden ser claves, como os niveis importantes de materias de orixe animal.

Á marxe das investigacións, dende Parquistas tamén teñen as súas dúbidas sobre a culpabilidade da xestión dos bancos marisqueiros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí