![]()
RIBADUMIA> O sinistro, que tivo lugar na estrada Lois-Vilanoviña, aconteceu ó redor das doce e cuarto da mañá.
{flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}
Este é o estado no que quedou o vehículo despois de que o seu condutor perdese o control do mesmo, invadise o carril contrario, chocando contra esta árbore e rematase envorcando. Todo aconteceu ó redor das doce e cuarto da mañá na estrada de Lois-Vilanoviña, ó seu paso por Ribadumia. Segundo informaron desde o 112 foi un particular o que deu a voz de alarma. De seguido mobilizaron a Urxencias Médicas, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico. Segundo fontes presenciais o sinistro puido vir ocasionado por un exceso de velocidade.
Por sorte, no momento do accidente non había ningún outro coche circulando en dirección contrario. O condutor, pola súa banda, puido saír polo seu propio pé. Só se queixaba de dor no ombro esquerdo polo que, segundo sinalaron desde Protección Civil, foi trasladado ó Sanatorio Domínguez de Pontevedra.
Mentres o vehículo non foi apartado da calzada, o tráfico tivo que ser controlado pola Garda Civil.
Redacción Salnés







