A homenaxe das vendedoras centrará a inauguración da praza de Abastos

    juanmanuel100_010408.jpgCALDAS > O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, presentaron a que será a inauguración oficial do mercado o vindeiro 5 de Abril onde tamén …

    se celebrará a homenaxe prevista a 5 das vendedoras xubiladas que exerceron a súa actividade laboral na praza. O alcalde tamén se desculpou pola tardanza no remate das obras e anunciou novas iniciativas para mellora-la atracción do público ó mercado de abastos.

    O concello de Caldas apostou por unha maior promoción da praza de abastos por medio de publicidade na radio co gallo da vindeira inauguración oficial do vindeiro 5 abril onde se levará a cabo unha homenaxe mediante a entrega d placas conmemorativas a 5 das traballadoras da praza que xa se xubilaron. A reforma da praza ascendeu a 603.000 euros co-financiado pola deputación provincial, as administracións e fondos FEDER .

    O alcalde amosouse satisfeito por un reto conseguido, nembargantes desculpouse pola tardanza no remate das obras A labor de reabiltación non remata coa reforma da praza, xa que hai contemplado tamén o envellecemento da rúa real para animar os transeúntes a visitar o mercado de abastos O alcalde tamén anunciou que xunto cos membros da asociación dos placeiros redactarán o vindeiro mes os estatutos da praza de abastos onde se recollan as prescricións sanitarias dunha praza moderna.

     En canto aos últimos incidentes producidos na nova praza onde se rexistraron numerosas caídas, Rei xa levou a cabo as accións para o desengraxe do chan

    Teñen prevista a súa presencia aínda que sen confirmar o conselleiro de industria, Fernando Blanco e a delegada de Pontevedra, Montserrat Prado entre outros. O evento estará amenizado pola banda de música municipal.

    Redacción Salnés