Guillerme Vázquez chama á insumisión ante os recortes do PP

    VILAGARCÍA> Vázquez mantivo unha xuntanza con membros do seu partido. Xa ante os medios, falou de ‘día negro‘ para Galicia, en relación ós novos recortes presentados polo goberno.

    {flowplayer}images/salnes/GuillemeVazquez_110712.flv{/flowplayer} 

    O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, cualificou a xornada de hoxe de “día negro” para Galiza e para o conxunto das maiorías sociais e chamou á “rebelión” e á “insumisión” fronte o novo paquete de recortes anunciados no Congreso por Mariano Rajoy.

    uillerme Vázquez, en declaracións aos medios logo dun encontro de traballo con cargos institucionais do BNG en Vilagarcía, afirmou que as medidas que vai aplicar o goberno non son “reformas” senón que son un auténtico “roubo” á xente, e o PP non ten lexitimidade democrática para aplicalas. 

    Neste sentido, o voceiro nacionalista advertiu que o argumento de Rajoy de que o avalan os votos non é válido, pois non se presentou ás elecións con este programa, e convidouno a que convoque un referéndum ou uns novos comicios. 

    Para Guillerme Vázquez as medidas que se van aplicar son exactamente as mesmas que xa se aplicaron en Grecia e Portugal, “cuns resultados estupendos”, ironizou.

    Redacción Salnés