O Clasclás despedirase este ano cunha gran gala lírica

VILAGARCÍA> A música clásica volverá ser a protagonista en Vilagarcía. Do 21 ao 28 de xuño a vila acolle unha nova edición do Festival Internacional de Música Clásica, o coñecido como ClasClás. Este ano como novidade a cita inclúe un programa con formacións sinfónicas. Ademais, a cita española terá un especial protagonismo nas propostas deste ano.

No mes de xuño a música clásica volverá ser a protagonista en Vilagarcía. Do 21 ao 28 a vila acolle a oitava edición do seu Festival Internacional de Música Clásica, ClasClás. A cita chega este ano cunha novidade: a inclusión dun programa sinfónico.

No programa artístico, a música española terá un peso especial nesta edición. O festival tamén se mantén fiel ao seu ADN, con concertos de música checa na súa programación. Ademais, este ano unha das actuacións terá carácter solidario.

Este 2025 medra tamén o programa Matinée, que pasa de dous a tres concertos. E repiten o programa social e comunitario, dirixido a máis de 400 persoas de diferentes asociacións que será os días 18 e 23. E o Clasclás a pé de rúa, os días 14 e 15 de xuño a cargo de alumnos e profesores da Escola Municipal de Música e do Conservatorio.

Outra das novidades deste ano é a incorporación da Xunta de Galicia como administración colaboradora.

As entradas xa están á venda na web do festival.