A Garda Civil investiga a autoría dun roubo no bar Perico

    roubobarperico.jpgPOBRA> Segundo a propietaria do establecemento hostaleiro o botín puido ascender a preto duns tres mil euros.

    {flowplayer}barbanza/roubobarperico.flv{/flowplayer}

    O disgusto de Josefa Moledo, propietaria do Bar Perico na Pobra do Caramiñal era evidente. A pasada madrugada entráronlle no seu local ubicado na praza das Cinco Calles levándolle os cartos da máquina comecartos e un bolso con parte da recadación dese día, no que se incluía tamén diñeiro de lotería e da peña do propio establecemento. En total, segundo as primeiras estimacións, ó redor duns tres mil euros.

    Cuarto roubo en dous anos

    Esta non é a primeira vez que lle entran a roubar no seu local, nos dous últimos anos xa lle entraron catro veces, aínda que nas anteriores non chegaron a levarse nada.

    Redacción Barbanza