Veciños de Agudelo tratan de expulsar ós ‘okupas’ da rectoral

    BARRO > Varias familias de etnia xitana entraron na rectoral de Agudelo, unha vella casa abandoada que tomaron como o seu domicilio. Os veciños non queren telos alí e foron a desaloxalos, anque finalmente déronlle de prazo ata o venres ás 19:00 h. Rematado o prazo volveron e anque non estaban xa alí, sospeitan que regresarán moi pronto.

    xitanosnarectoralagudelo1_300_170807.jpgTodo comezou a pasada noitiña cando unha ducia de veciños da parroquia de Agudelo, no concello de Barro acudiron á casa rectoral para expulsar a varias persoas de etnia xitana que entraron no vello edificio coa intención de vivir alí. Os veciños argumentaban que a rectoral é da parroquia e que non poden ocupala mentres que os moradores aseguraban non ter a onde ir. Unha rapaza cun bebé en brazos era testemuña muda do enfrontamento e foi precisamente o pequeno o que convenceu ós veciños para darlles unha marxe antes de expulsalos.

    Ese prazo remataba esta tarde, ás sete. Os veciños aseguraron que volverían a esa hora e que non debía haber ninguén na rectoral e os ocupantes aceptaron o prazo. Sen embargo ás seis da tarde aínda continuaban alí e marcharon en canto se achegaron os primeiros veciños. xitanosnarectoralagudelo2_300_170807.jpgTal como contaba José Luis García a Tele Salnés Barbanza, volveron sobre as sete, a hora límite, pero atopáronse coa Garda Civil que acudira ó lugar e, tras dárllelo alto, os ‘okupas’ se deron á fuga.

     A Garda Civil estaos buscando. Cre que son do Vao e que volverán, xa que deixaron dentro da casa tódalas súas pertenzas, tal como comprobaron os veciños que quedaron en volver arredor das dez e media desta noite para asegurarse de que non volven e para decidir que facer en caso de que aparezan esta noite ou nos vindeiros días.

    Redacción Salnés