Chega ó mercado S2S: un novo sistema de seguridade para a baixura

     CAMBADOS> A empresa ICIO IT está a presentar polas Confrarías galegas a súa nova gama de productos Safe to Sea;…

    {flowplayer}images/salnes/seguridade_2s2.flv{/flowplayer}

    … un sistema de Salvamento Intelixente no Mar; que está a ser confeccionado pola empresa cambadesa TRIVI. Esta fin de semana a súa rolda de presentacións recalou nos pósitos arousáns de Cambados e Portonovo; onde deron a coñecer estes novos aparellos de protección que van máis aló do típico chaleque, gañando en seguridade e comodidade e acurtando os tempos de resposta en caso de posible situación de home á auga.

     A característica máis importante desde S2S é que acurta o tempo de actuación fronte unha situación de home á auga, habida conta que a situación de hipotermia chega nas augas galegas a uns tres cuartos de hora da entrada dun corpo no mar. Este sinal interconecta ós tripulantes cunha central na propia embarcación e á súa vez cun satélite que dá aviso ó sistema de emerxencias e a outras embarcacións lindeiras.

    Un sistema innovador que se irá perfeccionado seguindo as achegas e suxestións dos mariñeiros galegos. Neste lanzamento do producto o primeiro público obxectivo serán as catro mil embarcacións asociadas ás Confrarías Galegas das algo máis de seis mil existentes nas nosas costas.

    Destas, cincocentas poderán acceder a equipos subvencionados polo Goberno Galego, pola empresa Inditex e pola propia empresa SCIO IT, co que as primeiras solicitudes poderán acceder ó mesmo a un baixo custe. O prezo real do paquete para unha embarcación de dous tripulantes rolda unha inversión de 3.300 euros; cun mantemento bianual de 60 euros.

    Os aparellos contratados estes días comezarán a instalarse a mediados do mes de xullo, e a partir de aí instalaranse nun prazo aproximado de dous meses.

    Redacción Salnés