A Galicia mariñeira está de festa para honrar á súa patroa, a Virxe do Carme

    festa_carmecopy.jpgSALNÉS> Vilas coma O Grove, Carril ou Rianxo, celebraron hoxe os actos centrais desta festividade. Entre eles, as tradicionais procesións marítimas.

    {flowplayer}images/salnes/CARME_GROVE_160712.flv{/flowplayer}

    Hoxe decenas de vilas mariñeiras de toda Galicia celebran as súas Festas do Carme para honrar á esta Virxe, patroa dos mariñeiros. Unha cita que mestura non só devoción e tradición senón tamén diversión e moito colorido.

    En Arousa, a ría máis mariñeira, non ían ser menos. Aquí son varias as localidades que celebran esta festividade por todo o alto. Cambados o fixo onte e hoxe, no día grande, foi a quenda do Grove, Carril e Rianxo, entre outras.

    A Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, non podía faltar nestes actos. Pola mañá estivo na vila meca. Alí asistiu á misa solemne, presidida polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio, onde ademais recibiu a medalla do Carme, galardón concedido pola Asociación Virxe do Carme. Tamén a portará a partires de agora o concelleiro Fredi Bea, unha xornalista da Radio Galega, e Lucho, mariñeiro da vila. Trátase, en definitiva, segundo o alcalde, Miguel Ángel Pérez, dun día especial que se vive con moita emoción.

    E así viven os veciños do Grove o día da súa patroa, en familia e con moita devoción e alegría.

    Pola tarde foi a quenda das procesión marítimas. Decenas de embarcacións engalanadas con flores, repletas de veciños e visitantes, votáronse á ría para renderlle unha homenaxe á Virxe do Carme e ós mariñeiros que perderon a vida no mar.

    Outras vilas da ría de Arousa, como A Illa ou Vilaxoán celebrarán os seus festexos nos vindeiros días.

    Redacción Salnés