Salvamento Marítimo presenta a campaña de Seguridade 2012

    VILAGARCIA> Salvamento Marítimo atendeu o verán pasado a unhas 3.348 persoas en augas do territorio nacional;…

    {flowplayer}images/salnes/seguridade_nautica.flv{/flowplayer}

    … sendo o 54 % das embarcacións atendidas de recreo; un dato que indica ó Ministerio de Fomento que hai que seguir traballando para afincar na cultura da prevención da Seguridade. Nas nosas costas galegas atendéronse un 5 % das incidencias, o que non quita que haxa que seguir afondando nas medidas previas á navegación, especialmente nas actividades marítimas de ocio e de lecer.

    É por isto polo que Capitanía Marítima ven de presentar a campaña divulgativa deste verán 2012. Este ano as recomendacións de Salvamento Marítimo chegarán aínda a máis público, e dun abano máis amplo de actividades grazas á axuda das novas tecnoloxías; a través das que se poden descargar unhas once miniguias diferentes para aumentar o grao de seguridade das distintas actividades náuticas deportivas. As redes sociais serán uns novos aliados este ano a prol da seguridade no mar dos non profesionais.

    E é que a principal causa das asistencias no mar durante o pasado estío foi o fallo estructural ou mecánico cun 69 % das intervencións; unha porcentaxe que se podería reducir notablemente no caso de pasarlle o chek point que facilita Salvamento Marítimo a nosa embarcación antes de saír ó mar; unha lista de navegación que tamén está dispoñible na web de salvamento marítimo para smartphones-android e iphones.

    Máis aló da propia seguridade dos usuarios, esta campaña tamén fai fincapé en evitar a contaminación dos nosos mares e en respectar ós dereitos dos bañistas.

    Redacción Salnés