O alumnado de Vilagarcía reivindica unha sociedade libre de violencia de xénero

VILAGARCÍA> Uns 800 alumnos reivindicaron hoxe en Vilagarcía unha sociedade libre de violencias machistas. Na véspera do 25N, déronse cita no auditorio da cidade nun festival reivindicativo. Un evento que busca, sobre todo, que tomen conciencia e previr posibles situacións de violencia.

800 alumnos e alumnas, procedentes de ata 10 centros educativos de Vilagarcía déronse cita hoxe no auditorio. Todos eles participaron no Festival Reivindicativo con motivo do 25 de novembro impulsado pola área de igualdade do concello. O obexectivo: tomar conciencia sobre a violencia de xénero.

O festival contou varias partes, como actuacións musicais, intervencións do alumnado e mesmo a presentación dunha enquisa sobre igualdade, elaborada entre a rapazada vilagarciá.

Cada centro contribuíu neste festival, achegando contidos e propostas. O concello felicita ao profesorado dos distintos colexios á hora de implicar a todo o alumnado.

O festival forma parte da programación deseñada esta ano polo concello de Vilagarcía polo 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Un programa que este ano pon o foco no sector da automoción e que culiminará mañá coa habitual lectura do manifesto dende Ravella.