Detéctase na Arousa unha nova marea vermella por PSP

    VILAGARCIA> Hoxe volvemos a ver barcos bateeiros descargando mexillón en Portos das Rías Baixas. O sector desafiou o temporal e volveu a extraer mitilo, unha vez que o INTECMAR anunciara a remisión da última marea vermella. A fixeron ben os que aproveitaron estas horas porque na Arousa ven de detectarse outro episodio de toxina PSP.

    Esta tarde o INTECMAR ven de decretar un novo peche de polígonos mexilloeiros na Arousa pola incidencia da toxina PSP. En concreto clausurouse o Portonovo A, amais do B e do C, estes últimos de xeito cautelar. Comeza así unha nova marea vermella nas Rías Baixas a escasas horas de que remitise a marea vermella anterior, que permitía ós bateeiros volver á actividade nas últimas horas logo de varios meses en dique seco. Desde o INTECMAR anunciaban esta mañá a remisión da anterior marea vermella con tódalas cautelas, por ser o outono unha época na que proliferan este tipo de episodios. Esta mañá, malia o mal tempo, moitos mexilloeiros da Arousa acudiron ás bateas a quitar producto, co fin de intentar salvar os mobles desta campaña. A día de hoxe, igual que nos meses, anteriores, o INTECMAR garante que todo o mexillón galego que se merque polos cauces legais conta con plenas garantías sanitarias. Con todo, desde o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño salientan que as mareas vermellas non son outra cousa máis que episodios naturais propios de zonas ricas en nutrientes para o mexillón. Para comprobar a evolución dos peches o aperturas de polígonos bateeiros ou marisqueiros, o INTECMAR informa puntualmente das variacións desde a súa páxina web www.intecmar.org. Amais, en pouco máis de quince minutos, envía máis de catrocentas notificacións a usuarios directamente vencellados co sector do mar.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/03/INTECMAR1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/03/remision_marea_vermella.mp4{/flowplayer }