![]()
O SALNÉS> Esta foi unha das xornadas máis calorosas do ano, con alerta amarela na franxa atlántica galega…
{flowplayer}images/salnes/altas_temperaturas_170712.flv{/flowplayer}
… por mor das altas temperaturas e vermella xa no interior de Galicia chegando en puntos a superar os 38 graos centígrados. Esta abafante calor débese a unha forte influencia anticiclónica propia da época do ano na que nos atopamos. Apenas houbo vento salvo algún aire cálido procedente do norte de África, co que tivemos que votar man dos vellos remedios para soportar a media de 35 graos que se viviu hoxe nas Rías Baixas.
Os nosos veciños e veciñas aproveitaron esta xornada para ir a praia, ós que máis, a outros pasaron o día refrescándose. E é que todos tiñamos ganas de que chegase o calor, aínda que non fose tanto dunha vez.
Os remedios que mellor funcionan en días como os de hoxe son os de sempre: beber moita auga, evitar a exposición prolongada ó sol, sobre todo nas horas centrais do día; e vestir roupa folgada e lixeira; amais de protexer a pel, os ollos e a cabeza cos complementos axeitados.
Redacción Salnés







