Vilanova acolle as I Xornadas sobre transporte marítimo

    VILANOVA> Vilanova acollerá este sábado as primeiras xornadas sobre transporte marítimo; un tema máis que acaído neste Concello…

    {flowplayer}images/salnes/xornada_transporte_maritimo.flv{/flowplayer}

    … que está a piques de contar cunha nova estación marítima. Un sector estratéxico para o ente autonómico Portos de Galicia que sufraga tanto as obras coma este acto.

    As nove da mañá do sábado na Casa do Mar de Vilanova, comezarán as ponencias que compoñen o programa, amais da mesa redonda que pecharán estas xornadas e nas que xestores das mancomunidades dos dous lados da Arousa, e representantes dos gobernos e empresas turísticas desta Ría intercambiarán pareceres para intentar recuperar a significación que tivo noutrora este transporte de Ría.

    Na presentación deste evento o Presidente de Portos aproveitou para anunciar a próxima inauguración da nova estación marítima de Vilanova, que levará o nome do escritor e xornalista Julio Camba, neste quincuaxésimo aniversario do seu pasamento.

    Estas novas instalación contan cun espazo para o embarque e a venda de billetes, un apartado para a restauración e outro para a divulgación. Xestionarase por concurso público; co fin de intentar dinamizar este transporte de Ría, que no último ano moveu no noso país a millón e medio de pasaxeiros.

    Redacción Salnés