Agradecementos e insultos nun pleno inusualmente curto

    raton_alcaldeenfuncions_100_110707__still_002.jpgVILAGARCÍA > Ós agradecementos polo traballo de Carlos Guerrero e de Enrique León uníronse os apupos contra o voceiro do PP, Tomás Fole.

    O líder do BNG de Vilagarcía, Xosé Castro Ratón, presidiu o pleno da Corporación Municipal no que se tratou a renuncia do concelleiro Carlos Guerrero e a de Enrique León como alcalde e como edil. A secretaria encargouse de dar conta das renuncias mentres o alcalde en funcións agradeceu a labor dambos membros da corporación. doloresgarciagimenez_200_110707__still_001.jpgO alcalde en funcións destacou a ‘adicación de Carlos Guerrero’ e valorou ‘este tempo ilusionante’ que compartiron como compañeiros no Goberno.

    Tamén a futura alcaldesa quixo agradece-la labor dambos concelleiros da súa agrupación. Os socialistas terán que presentar agora a nova composición do seu grupo municipal, na que entrarán José Membrives e Susana Camiño, ocupando as vacantes deixadas tanto por Enrique León como por Carlos Guerrero.

    Sen embargo, non poderán facer efectivos os seus cargos ata que reciban as credenciais da Xunta Electoral Central, o que pode tardar semanas. plenovilagarciaxente_200_110707__still_004.jpgAínda así, mañá, xoves, ás 17:30 horas se celebrará un novo pleno extraordinario no que se elexirá á nova alcaldesa, Dolores García.

    Insultos ó voceiro popular

    Anque no pleno houbo tamén apupos contra o voceiro do PP, Tomás Fole,  que cuestionou a fórmula dos edís de Esquerda Unida para tomar posesión do seu cargo no pleno de investidura. Os esquerdistas non mencionaran a Constitución, polo que a secretaria preguntoulles se a acataban ó que respostaron que sí, dándose por satisfeito o voceiro do PP.

    Redacción Salnés