Vilagarcía fai un balance positivo dos proxectos realizados no 2021

VILAGARCIA> O concello de Vilagarcía fai un balance positivo da súa xestión neste ano 2021. Dende o goberno local destacan os acordos co Porto de Vilagarcía para crear o novo centro de saúde no edificio de comandancia da Mariña e a apertura do porto de Ramal á veciñanza. Tamén destacan o modelo da cidade máis aberta para os peóns, os investimentos en servizos sociais e as axudas ás empresas.

Nun ano marcado de novo pola pandemia, as actuacións dos concellos non se viron freadas. Dende Vilagarcía, fan un balance dos proxectos desenvolvidos neste 2021 e o cualifican de positivo. Destacando en primeiro lugar os acordos co Porto de Vilagarcía.

Outro dos motivos de ledicia do goberno vilagarcián é o de continuar co seu modelo de cidade, aumentando a humanizacións das rúas, das ciclovías e apostando polo Baibus.

En canto ao orzamento municipal, o alcalde resaltou o aumento en servizos sociais. Unha partida incrementada para axudar á veciñanza nun momento tan complicado.

Tamén se destinaron fondos para axudar aos estudantes da vila, á creación de novas empresas e o éxito do goberno local para axudar ao comercio e a hostalería, os bonos son da casa.

Dende o goberno local sinalan que as actuacións do concello no vindeiro ano continuarán coa mesma liña, con intervencións e humanizacións das rúas tanto no centro como nas parroquias e desenvolvendo proxectos como a nova biblioteca municipal ou albergue de Carril.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí