Ence presenta os excelentes resultados medioambientais do 2011

    PONTEVEDRA> O Centro de Operación de Ence en Pontevedra ven de publicar os datos correspondentes ó ano pasado…

    {flowplayer}images/salnes/resultados_ambientais_ence.flv{/flowplayer}

     … no tocante á preservación do medioambiente. Nestes indicadores de desempeño ambiental a pasteira pontevedra sitúase á vangarda mundial no seu sector. De feito, durante o ano pasado, ENCE conseguiu chegar a eliminar as emisións de cheiros ata un 40 % por debaixo do estipulado polo indicador BREF, de referencia en Europa para o sector da celulosa.

    A día de hoxe, a factoría emite a metade das partículas olorosas que fai dous anos; e o número de incidentes por impacto oloroso volveu a dimunir un 75 %. É máis, o obxectivo fixado pola empresa é de acadar o Olor Cero xa no ano 2014. Segundo ven de manifestar o director desta factoría, Antonio Casal, non só eliminaron os olores, senón que tamén melloraron noutros indicadores de desempeño ambiental; grazas ó uso das novas tecnoloxías e as últimas melloras operativas. Deste xeito, Ence Pontevedra converteuse en líder europeo en parámetros como a Demanda Química de Osíxeno, que é o mellor indicativo para medila calidade do efluente líquido; mellorando neste eido ata un 80 %.

    Estas melloras no efluente líquido son parellas ás emisións atmosféricas; eido no que ENCE volve a uparse ós mellores postos medioambientais de Europa. Para os vindeiros meses, ENCE seguirá traballando para suprimir as emisións de vapor da fábrica, culminar o Plan de Eliminación de Olores e o Proxecto de Adecuaciíon visual da factoría, para optimizar a súa integración no entorno.

    Estes esforzos irán tamén encamiñados a reducir o consumo de materias primas empregadas, como auga, madeira ou enerxía. Nesta presentación, Antonio Casal deu a coñecer o seu novo sitio web no que calquera persoa poderá coñecer a diario os resultados de xestión ambiental de ENCE. Unha empresa que intentará aproveitar a nova Lei de Costas para continuar dando emprego desde a súa ubicación actual.

    Redacción Salnés