A Regata Martín Códax recalará por terceira vez en Combarro

regatamartincodax copia.jpg POIO> Será o 14 de agosto. Ata o Porto Deportivo chegarán as preto de cen embarcacións que participarán na competición, despois de percorrer 23 millas desde Cabo de Cruz.

{flowplayer}images/salnes/PTAC_49_REGATA_MARTIN_CODAX.flv{/flowplayer}

Falta pouco menos dun mes para que arrinque en Vigo unha das competicións de vela máis destacadas do calendario nacional: a Regata Martín Códax Turismo Rías Baixas. Será o catorce de agosto. Durante cinco xornadas preto de cen embarcacións disputaranse o título de vencedor nas tres divisións establecidas: Regata, Cruceiro-Regata e Cruceiro. Pasarán polos portos de Sanxenxo, A Pobra, Cabo de Cruz e Combarro. A este último chegarán o dezasete de agosto tras percorrer as vinte e tres millas que o separan de Cabo da Cruz. E aínda que queda tempo por diante, o concello de Poio xa se apresurou a presentar esta etapa pola súa repercusión na vila.

Outorgaranse en total catro premios tras obterse a clasificación xeral final: o trofeo Martín Códax Vencedor Absoluto da División Regata, o Trofeo Estrella Galicia ó Vencedor Absoluto da División Cruceiro-Regata e o Trofeo Turismo Rías Baixas na División Cruceiro. Amais, os vencedores por división en cada unha das cinco etapas obterán un trofeo ofrecido polo xornal Faro de Vigo.

Redacción Salnés